No contrato estipúlase, entre outras cousas, que o adoptante nos manterá informados de calquera acontecemento importante que lle poida acaecer ao animal (coma poida ser un accidente ou unha enfermidade grave), que nos mandará fotos periodicamente, que accede a calquera visita que queiramos facer ao domicilio, que nos informará de cambio de vivenda e que, no caso de ter que desprenderse do animal, este volverá con nós ou, se o adoptante lle atopou un fogar que considera bo, nos informará para facerlle o mesmo preseguimento que se lle fixo a el; ningún animal dado en adopción por Abeiro pode ser entregado a outra persoa sen o noso consentemento expreso por escrito.
Os nosos animais saen esterilizados se xa teñen a idade oportuna. No caso de ser cachorros, o adoptante comprométese a levalo á clínica que nós lle digamos chegado o momento; recibirá un mail ou unha chamada nosa para concertar a cita. A esterilizacion é total e absolutamente obrigatoria.
As taxas de adopción son de 50 euros para felinos e de 100 para cans e cadelas. Esas taxas son unha axuda para os gastos que ocasionan, no caso dos adultos, a dose da vacina anual principal, a desparasitación interna e externa, a esterilización e, no caso dos cans/cadelas, o microchip e o pasaporte. No caso dos cachorros, saen coa primeira dose da vacina da trivalente, a desparasitación interna e externa e a Asociación pagará os custes da operación quirúrxica da esterilización. As nosas taxas non inclúen as vacinas da raiba e da leucemia, o pasaporte nos gatos e, no caso dos cachorros, a medicación posterior á esterilización. Tampouco desparasitacións posteriores
O noso contrato é un documento vinculante con validez legal.