Login
Forget?

Forget your password?
Remember Password?
  • ¿Qué facemos?
  • Abeirenses
    • Todos
    • En adopcion
  • Colabora
    • ADOPTA
    • ACOLLE
    • FAITE SOCI@
    • TEAMING
    • FAITE VOLUNTARI@
    • DONATIVOS PUNTUAIS
    • DIFUNDE
    • SPLITFY
    • Empresas Colaboradoras
    • Detalles Solidarios Eventos
    • Colonias felinas Compostela
  • Campañas
    • Operación Black Cat
    • CONCIENCIACIÓN
    • CAMPAÑA NADAL 2015
    • Rubén Riós
    • RETO NUEZ
    • #CansÚnicos
  • +info
    • Denuncia o maltrato animal
    • Inmunodeficiencia felina
    • Que facer se o meu gato/can se perde
    • Método CES
    • Método CES detallado
  • BLOGUE
  • TENDA SOLIDARIA
    • Camisetas
    • Suadoiros
    • Cuncas
    • Mochilas
    • bolsas
    • varios
    • INFORMACIÓN XERAL TENDA SOLIDARIA
    • Miña conta
  • COLONIAS
  • Contacto
0
Asociacion abeiro
POR QUE FACEMOS CUESTIONARIOS LONGOS E EXHAUSTIVOS ANTES DE CADA ADOPCIÓN?
0
  0
By abeiro
In blogueAbeiro Posted 04 de Setembro de 2018

POR QUE FACEMOS CUESTIONARIOS LONGOS E EXHAUSTIVOS ANTES DE CADA ADOPCIÓN?

40560263_10156600329716597_3388037676744572928_nO cadeliño que se ve na primeira foto chámase Cooper. Chamábase Cooper. Na segunda foto podedes ver a súa familia, a que o adoptou, á que se lle fixo o preseguimento por parte da protectora que tutelaba a Cooper, cun cuestionario e unha entrevista persoal nos que pareceu a familia ideal para o pequeno. Na terceira foto vense os restos de Cooper despois de ser afogado e deixado pudrir, literalmente, no chan da cociña durante 3 meses.

40684909_10156600329726597_5346197817717161984_nIsto que pode parecer unha película ou unha historia de ficción, foi dura e cruel realidade esta semana nunha localidade de Valladolid. Podedes ver aquí o comunicado da protectora onde o explican: https://www.facebook.com/notes/defaniva/comunicado-oficial-de-defaniva/2113436692034744/
E aquí a noticia na prensa: https://www.elnortedecastilla.es/…/cadaver-perro-llevaba-20…

40528705_10156600329771597_1325438615626448896_n

Non queremos imaxinarnos como se sentirán as persoas voluntarias que traballan na protectora, que con todo o esforzo e apenas recursos, intentan atopar fogares para os animais que veñen de ser abandonados ou que nacen froito de camadas indesexadas por non esterilizar. Teñen que estar a pasalo moi mal, e desde aquí lles enviamos todo o noso apoio ás persoas que forman a protectora Defaniva.

Moitas veces, cando alguén quere adoptar un canciño ou un gatiño, e lles pasamos o cuestionario previo, atopamos xente que se queixa de que é moi longo, de que son moitas preguntas, de que algunhas preguntas son persoais, ou de que poñemos moitas trabas para adoptar un animal. E, como se pode comprobar por este caso, nunca é suficiente. Porque mesmo pasando un cuestionario e unha entrevista, ás veces non se acerta e a familia ideal resulta ser o inferno para ese peludiño.

É certo que estes casos son contados, e a inmensa maioría das persoas que adoptades, a inmensa maioría das que tendes adoptado ata agora con nós, sondes familias marabillosas e queredes e coidades moito os animais que sumastes ás vosas familias.

Pero, por favor, cando contactes con algunha protectora para adoptar un animal, e che pasen o cuestionario, non digas que é moi longo ou que che poñemos trabas. Estamos intentando facer un filtro, estamos intentando que entendas que adoptar non é mercar un xoguete. Estamos intentando evitar que haxa outros Cooper.

Descansa en paz, pequeno.

Share on Facebook Share
Share on TwitterTweet
Share on Google Plus Share
Send email Mail
Print Print

No related posts.

Read More
ADOPTA GAT@S POSTIV@S
0
  1
By abeiro
In Gatos Posted 09 de Marzo de 2017

ADOPTA GAT@S POSTIV@S

Coñecido coas siglas VIF, o virus de inmunodeficiencia é un lentivirus que só ataca aos gatos.
O VIF ataca directamente o sistema inmunitario, destruíndo os linfocitos-T, o que trae como consecuencia que o animal sexa vulnerable a outras enfermidades ou infeccións menos importantes, pero que con esta condición poden levar á morte.
Detectado a tempo, a VIF felina é unha enfermidade que se pode controlar. Un gato infectado, que siga o tratamento adecuado, pode ter unha vida longa e digna.
Cidre é un gatiño adulto, bonachón e cariñoso que rescatamos da colonia de Santa Marta cando estaba en moi mal estado. Agora xa está curado pero cando lle fixemos o test dou positivo a inmuno deficiencia felina, pero esperamos que eso non sexa un impedimento para que poida atopar unha familia. Pode vivir con outros gatos xa que o virus non se transmite ao lamerse ou ao compartir auga e comida. Só se pode transmitir por contacto directo da saliva ou do sangue.
Anímate a adoptar a un gato positivo!
adoptaposw
Share on Facebook Share
Share on TwitterTweet
Share on Google Plus Share
Send email Mail
Print Print

No related posts.

Read More
Non merques. Adopta. Esteriliza.
0
  1
By abeiro
In blogueAbeiro Posted 04 de Xullo de 2016

Non merques. Adopta. Esteriliza.

 

Adela e Chusca.

Adela ten unha cadeliña, a Chusca, á que quere moito. Cóidaa ben e dalle moito agarimo. Mais Adela é das que pensan que non ten sentido esterilizar, porque non é natural. Así que un día, por un descoido, mentres a Chusca está co celo, foxe e aparéase cun can da rúa. E o resultado é un embarazo e 4 cadeliños preciosos. Adela fala coas amigas, coas veciñas, pon anuncios no supermercado, en internet… Regálanse canciños, tamaño mediano.

Sonia e Marta.

Sonia hai pouco que perdeu ao seu mellor amigo, un podequiño chamado Lolo. Agora, unha vez pasada a tristura inicial, sabe que sempre o lembrará, e está buscando outro amigo para compartir a súa vida. Contactou coa protectora onde colabora Marta e enviáronlle varias fotos de cans moi lindos e tamén lle falaron de varios cans da canceira local, onde se acumulan moitísimos casos de animais que son recollidos das rúas do municipio.

Chicha.

Chicha é unha das fillas da Chusca. É pequerrecha e rebuldeira, moi xogantina e cariñosa.

Adela falou coa súa amiga Lola e contoulle que ten catro criaturas para dar, e que non dá atopado casa para elas. Lola cóntalle que a súa filla Sonia anda buscando un can e dalle o seu teléfono. Adela chámaa e quedan para que coñeza os pequechos. Namórase de Chicha e decide quedar con ela.

Cando uns días despois Marta volve contactar con Sonia para preguntarlle se xa decidira que can quería adoptar, Sonia cóntalle que xa ten unha cadeliña que lle regalaron.

Marta queda moi decepcionada.

Tobi.

Tobi é outro dos fillos da Chusca. Bonito e simpático, Adela consegue que llo recollan uns veciños. Durante un tempo, mentres Tobi é cachorro, o fillo dos veciños xoga con el e pásano moi ben xuntos. Tobi é feliz. Pero un día os veciños de Adela marchan de vacacións e non teñen con quen deixar a Tobi, así que deciden deixalo no monte. É un can, pensan, seguro que sabe valerse ben. E alí queda, chorando pola súa familia e cun futuro incerto.

 

Esta historia repítese, por desgraza, moi frecuentemente, practicamente a diario.

Nesta historia, Chusca é unha cadeliña ben coidada e querida. E seguramente o será ata que morra. Tamén Chicha ha de ter sorte, será mimada e terá unha boa vida. Mais… que pasa con Tobi? Que pasa cos outros irmáns de Chicha e Tobi? Onde acabarán? E o can da protectora ou da canceira que ía ser adoptado por Sonia? Que será del? E se Sonia tampouco esteriliza a Chicha, veremos un día como volve haber outra camada que se “regala”? Aparecerá Tobi un día atropelado nunha estrada calquera? E que pasará con Chusca? Volverá empreñar outro día e aparecerá con outra camada?

Por cada animal que nace en camadas indesexadas por persoas que prefiren non esterilizar hai centos nas canceiras ou abandonados nas rúas, agardando unha vida mellor, un fogar onde poidan ser tratados con cariño e un pouquiño de atención.

Cada vez que alguén “agasalla” un animal está contribuíndo a que continúen acumulándose cans nas canceiras e a que aparezan outros atropelados nas estradas ou enfermos, ou a que morran de fame. Porque o fogar onde acaba un animal “agasallado” podería ter sido un fogar de adopción para algún rueiro. E porque, quen sabe, quizais ese animal “agasallado” acabe tendo tamén camadas se non é esterilizado. Ou pode que acabe abandonado como Tobi.

Esterilizar non só e beneficioso para a sociedade en xeral, tamén o é para o animal en particular, posto que se evitan enfermidades tais como tumores mamarios, e tamén se evitan as pelexas e fuxidas que se producen durante o celo.

Non contribúas a que sigan aumentando o número de animais nas canceiras. Non contribúas a que siga habendo animais abandonados malvivindo nas rúas e montes.

Non merques. Adopta. Esteriliza.

esteriliza

Share on Facebook Share
Share on TwitterTweet
Share on Google Plus Share
Send email Mail
Print Print

No related posts.

Read More
Un ano de cambio de goberno, mais sen cambio: os animais seguen agardando
0
  2
By abeiro
In blogueAbeiro Posted 02 de Xuño de 2016

Un ano de cambio de goberno, mais sen cambio: os animais seguen agardando

blog

Estes días atrás cumpriuse un ano desde as pasadas eleccións municipais, é dicir, desde que se renovaron os gobernos dos concellos. Precisamente Santiago de Compostela foi un dos que modificou a cor do seu goberno, e, con iso, moita xente agardaba cambios de políticas.

Mais en moitos aspectos, non hai cambios. Nin de políticas nin de nada. Un exemplo: as asociacións protectoras de animais radicadas en Santiago recollemos nas últimas semanas varias gatas acabadas de parir, coas súas camadas, de 2, 3, 4, 5 e mesmo 6 gatiños. Tamén se recolleron en varios puntos distintos do concello gatiños bebés que foran abandonados, gatiños enfermos ou mesmo unha camada nun colector do lixo, tirados coma se non foran seres vivos. A verdade, despois dun ano de goberno, agardabamos que este ano, por fin, empezaramos a notar que diminuían as camadas recollidas. E agardabámolo porque supoñiamos que se ían notar as medidas de control das colonias da rúa, o método C.E.S (coller, esterilizar, soltar), a nova ordenanza, o cambio de xestión en Bando e tantas outras cousas que se prometeron, que se falaron, que se insinuaron e que se intuían nunha equipa de goberno que se ofrecía como rupturista.

Mais non. Aquí estamos un ano máis, recollendo camada tras camada. Aquí seguimos vendo numerosos cans atados e en condicións indignas en moitas casas do municipio. Aquí seguen aparecendo animais envelenados en diversos barrios do municipio. Aquí continuamos agardando que se habilite orzamento para o control das colonias. Aquí vemos como a mentalidade do animal da casa solto sen ningún tipo de control, coidado ou vixiancia continúa imperando entre a veciñanza sen que se fagan campañas de concienciación. Aquí continúanse sacrificando animais en Bando. Aquí seguimos recollendo denuncias por maltrato animal, sen que as institucións fagan nada por impedir eses maltratos. Aquí vemos atropelos de animais soltos día si e día tamén. Aquí segue pasando o tempo, e non muda nada. As asociacións protectoras seguimos facéndonos cargo, cos escasos medios que temos, e do mellor xeito que podemos, de funcións que son do concello.

Un ano sen mudanzas. E sendo así, que podemos agardar dos anos que veñen? Máis camadas, máis animais atropelados, máis maltrato…

Un ano do cambio de goberno, pero sen cambios. Os animais seguen agardando.

Share on Facebook Share
Share on TwitterTweet
Share on Google Plus Share
Send email Mail
Print Print

No related posts.

Read More
Load More
Share on Facebook Share
Share on TwitterTweet
Share on Google Plus Share
Send email Mail
Print Print
Idioma:
  • galego (gl)galego
Copyright All Rights Reserved © 2015
Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search


Warning: count(): Parameter must be an array or an object that implements Countable in /homepages/13/d609223225/htdocs/clickandbuilds/viejaasociacionabeiro/wp-content/themes/jupiter/footer.php on line 226

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación de nosa política de cookies, pique a ligazón para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies
X

Powered by themekiller.com anime4online.com animextoon.com