CUESTIONARIO ADOPCIÓN

Moitas grazas por pensar en adoptar!

Antes da adopción necesitamos que por favor cubras o noso cuestionario de preseguimento, que é un requisito inicial para todos os nosos adoptantes. É un pouco longo pero axúdanos a ambos: a nós a coñecer ó adoptante e a vos a plantearvos cousas nas que quizáis non pensárades, favorecendo que todo saia ben. Se non sabes ou non queres contestar a algunha pregunta non hai problema.

Os gatos de Abeiro entréganse en adopción con contrato asinado, desparasitados, vacinados e castrados. As taxas de adopción son 50 euros, un custe moi inferior ao gasto veterinario total, pero que facemos como agradecemento por adoptar con nós. Se tés algunha dúbida para contestalo contacta con nós.

Grazas de novo, saúdos!